AUDIOVISUAL

Desenvolvemos e producimos contidos audiovisuais para televisión e internet, apostando polo talento de guionistas e directores do noso país.

HUMOR EN DIRECTO

Deseñamos espectáculos de humor en directo en diferentes formatos, contando cos mellores cómicos e actores galegos.

A FESTA DOS 15 ANOS

O sábado 14 de outubro Marcos Pereiro e Touriñán celebrarán a festa do seu quince aniversario coa orquestra La Oca no plató de Tex45 (antiga discoteca LP45), en Ordes (A Coruña), cunha chea de sorpresas durante toda a noite.


Queremos facilitarvos as cousas! E queremos contar con todas e todos na festa do aniversario. Por iso haberá unha ruta de buses desde A Coruña, que pasará por Vilaboa, O Burgo, Cambre, Castelo e Carral.

O noso equipo

Traballamos en Osdous Ardebullo...

foto_marcos

Marcos Pereiro

De Nucha a Kevin José. Quen o diría! A Casa da Conexa, Vilamor ou Era Visto! son algúns dos proxectos cos que medrei como actor. Na actualidade xiro por todo o país co espectáculo teatral O Tolleito de Inishmaan, e preparo con Touri a celebración dos quince anos das Cantareiras de Ardebullo, en 2017.

         
foto_touri

Xosé A. Touriñán

“Rir para vivir” é o meu lema! Son tamén Mucha, a irmá de Nucha, desde hai quince anos. Pasei pola televisión con Padre Casares, Air Galicia e Tourilandia, e levei o meu humor por todo país con Manolo Lojo. Na actualidade, traballo no Land Rober e remato as xiras do Monólogo do Imbécil e de Curtis & Teixeiro.

        

Caderno

Contamos aquí as cousas que imos facendo

Nós, polo Nadal…

Durante estas festas a Televisión de Galicia emite o noso novo proxecto, Nós. Tres programas de sketches, de media hora…