foto_14a

Cantareiras de Ardebullo

HUMOR EN DIRECTO

Viven en Ardebullo, coas súas once irmás, a mamá e a madriña… A Núcha gústalle o teatro, o cine e a música. Mucha estudou ata o cuadernillo Rubio 7. Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán dan vida ás famosas Cantareiras que durante varios anos aterrizaron no Luar da TVG cada venres desde a súa aldea, Ardebullo. Un paradigma do rural no que conviven con outros personaxes como Carmucha, a Conexa, o Padre Nicanor… As actuacións das fillas da Conexa son un éxito de público asegurado grazas á cercanía e a naturalidade do seu humor, que enche prazas, romerías e auditorios alá por onde van.