foto_05copia

Monólogos R

HUMOR EN DIRECTO, 2012 – 2015

Era visto! A inspiración para as mentes cómicas deste país atópase nas tabernas, esa sorte de centros culturais das pequenas vilas onde a miúdo se atopa a xente auténtica que atesoura moreas de historias engaiolantes. Unha vez recompiladas historias e anécdotas, e ao longo de catro anos, os mellores humoristas do país pasaron polos escenarios de decenas de vilas galegas acompañando a R nunha fantástica viaxe cargada de comedia.